jueves, 3 de diciembre de 2020

Poema do confinamento.

No confinamento


Tiven tempo de buscar

aquel poema

aquel poema que perdín,

que tanto necesitei,

e que me era vital,

porque tan vital

nos é a poesía.


Aquel poema

lembrábame que a vida

merecía ser vivida.


Lía aquel poema

e facíame saber

que era unha persoa

alegre e optimista.


Aquela persoa

tiña sabedoría.


Aquel poema falaba

da vida como un tren

que uns van e outros veñen

uns que se perden,

como aquel poema.


E non pasa nada.


Algo así.


Pero o que mais me gustaba

era o final.


Falaba da vida

como unha película,

desa película

era a nosa vida,

ás veces dramática e de amor,

tétrica ou malévola,

cómica e de risas,

alegre e triste.


Fora como fose,

era a nosa vida.

Que merecía ser amada e vivida,

do importante que sería

chegar ó final

podendo polo menos dicir

que fuches tí o protagonista


No confinamento,


aprendin que as plantas sinten

distinto ós animais

e ainda así, sinten.


Recordéi cantas persoas quixen

e cantas me quixeron


Souben cantas quero,

e cantas quero querer.


Souben que nunca é soidade

se che gusta estar contigo mesmo.


Sentín a enerxía dentro de min,

o imposible de contela,

a dor cando estoupa.


Recordéi repetirme:

cala, polo menos un dia,

escoita antes de falar,

falando será mal falado,

con perspectiva,

polo menos será un falar pensado.


Fun consciente do poder do meu ego,

a miña loita por encerralo

é van.


Cabrón merdento.


Comprendín

que sempre perderei

unha batalla de cada cen.


Aprendin que os erros non son erros

senon portas abrindo posibilidades


Recordéi a contradición

como forma de crecer.


Superei unha vez máis

o medo a preguntar

preguntando aprendes

e cuestionas o aprendido.


Recordéi que fumar é morte

e non hai mellores drogas

que as naturais do corpo

despois de camiñar ó despertar

ou de botar un polvo.


Recordéi o pouco que valen

o diñeiro e o traballo

cando todo o demais se vai.


Aprendin que os perdóns

adoitan chegar tarde

valendo nada

sen o peso das accións.


Aprendin a non pedir perdón

porque o perdón real

é non volver facer

aquelo que merece pedilo

nun tempo razoable.


Aprendín a caer na mesma pedra,

son humano,

pero non todos os días.


Aprendin que o arrepentimento

non sirve de nada

se volves facer o mesmo

unha e outra vez.


Aprendin o valor da liberdade

e da súas dimensións

que sempre seremos libres

mentres poidamos soñalo.


Aprendin o fácil do falar,

do fácil do escribir,

as diferencias entre

contar, escoitar e transmitir.


Aprendin que no conflito

sobretodo no conflito

é onde se fortalecen as relacións

si ámbalas partes

teñen o suficiente valor

para superar as diferenzas.


Recordei o que dicía un amigo,

só podes coñecer

a unha persoa

enfandándoa,

ou dándolle poder.


Recordei o difícil de atopar

quén che diga o que pensa

sen recortes nin miramentos

Encontrar quén teña valor

para dicirche

equivócaste gilipollas .


Recordéi o que me gusta

escoitar palabras honestas

sobre todo as duras

porque por duras

serán veraces,

se queres a quén chas dí

e se quén chas dí, te quere.


E cando as asimilas

progresas.


E esa sensación de progreso

e case mellor que un orgasmo.


Aprendín que hai amizades,

nas que quero profundizar.

que había amizades

que non eran amizades

senon coñecidas profundas.


Recordéi que todo o mundo minte

a diferenza entre verdades ferintes

mentiras piadosas

verdades piadosas

e mentiras ferintes.

E verdades e mentiras

de merda, simplemente.


Recordéi o que me gusta a luz do Sol.

o meu momento mais feliz,

do despertar da mañá,

o soño lúcido no que todo é posible,

momentos das grandes ideas

e das grandes ilusións.


Xusto antes de despertar

coas ganas de correr

e vivir a vida.


Prometinme un cento de cousas.


Prometinme ser valente

afrontar as loitas.


Promentinme esforzo

correr vinte quilometros

e nadar catro mil metros.


Prometinme ler

cen libros o ano

polo menos.


Prometinme saber coidar

polo menos a quén quero.


E pouco despois

prometinme non volver prometer.


Tiven medo. Moito medo.


Medo de estar sempre confinado

Medo por non entender

nin abarcar o pasando.


Medo de loitas pasadas

medo opresión,

medo fascismo,

medo comunismo

medo capitalismo

medo sectarismo

medo distópico.

Derrota

medo da derrota

medo de que a miña idea de ben

sexa unha idea de merda.


Aprendín do medo,

o noxo,

a ira,

forman parte de min.


Comprendín necesidades,

do contacto humano

de bicos, apertas, de xestos,

máis alá das palabras.


Tiña un mestre que decía

que un dos mellores placeres

das cousas boas da vida

era o placer de recordalas.


E eses recordos

fixéronme forte

déronme vida

e forza

para seguir adiante.


Aprendín,

o cómodo que me sinto

sobre todo,

coa alegría e coa tristura.


Sendo alegre son feliz,

e sendo triste son feliz.


Amo tristura,

amo alegría,

triste alegría,

alegre tristura.


Amo meu ser.


Souben e sentín

que hai algo que non entendo

nin entenderei

que me fai seguir.


E seguirei.



No hay comentarios:

Publicar un comentario