jueves, 19 de noviembre de 2020

Bases en torno ó Che Guevara.

Ala pola noite do 15 de Agosto do ano 1998, cando tiña uns 10 anos, íba andando a miña familia pola Festa da Patrona de Cedeira.

Non recordo exactamente a secuencia da historia, algo así.

Vin nun posto de xente latina unhas bandeiras e preguntei, en xeral, quenes eran as persoas das bandeiras. Meu pai, que iba diante, díxome:
- Non sabes quén é o Che Guevara.
- Non. - Dixen eu.
- E Gerónimo?
- Non. - Dixen eu, avergoñado pola miña ignorancia. 
- Claro. Eso non volo ensinan na escola.

Entón, meu pai, parou no posto e mercou as dúas bandeiras. Unha dun tío barbudo cunha boina con estrela, mirando á nada. Nun ceo sobre unha batalla na que había cabalos.
A outra era un indio que me recordaba a única película que vira por aquel entón, " Bailando con lobos". Preferida de miña nai.

Aquela noite seguín sen saber quén era o Che Guevara. Nin Gerónimo. Soamente tiña esas duas bandeiras. Qué me acompañaron ata a adolescencia, cando as perdín, por falta de carácter ante humanoides con mais corpo e idade ca min. Se furo igual as recupero,  ainda que me da igual. Váleme o recordo. Se tivese habilidades de debuxo artístico podería recuperalas, porque todos os seus trazos están claros na miña memoria. 

Dende aquela sempre tiven esas bandeiras e esas persoas como referencia. Foron personaxes, accións, historias, ideoloxias, dilemas, conclusións. As miñas bases transversais. Aquel día impostas polo meu pai, pero anos despois comprendidas e asumidas na meirande parte.

Comecei a buscar literatura, respostas. Na biblioteca da miña casa. Profunda, abundante e obxectiva en canto a definicións e enciclopedias. Mais sesgada no canto o novelesco, teatral e ensaistico. Literatura socialista. Socialista da vella escola, non do Partido Socialista actual. En perspectiva, creo que leía e non entendía nada. Absolutamente nada.

En Primeiro de Eso, no Monte Caxado. A profesora de Galego mandáranos buscar información sobre Hitler. Aquela tarde, pediralle axuda a unha das miñas irmás. E buscarame en internet información, a cal imprimira e me dira nuns folios. Algo exclusivo no ano 2001.

Estaba eu lendo eses folios sobre Hitler no salón da casa. E non sei como, chegou meu pai. Sentín a súa lectura en silencio sobre as miñas forellas. E dixo:
- De onde sacaches iso?
- Sacoumo tal de internet.

Entón, meu pai foi pedir explicacións. E dixo que había que ler antes as cousas e ter moito coidado.

Recordo perfectamente unha das frases daqueles folios, en negrita a modo resumo:
"Hitler fué simplemente un genio"

Meu pai buscou varios libros, entre enciclopedias, e despois duns momentos no que eu miraba o seu método, e me preguntaba que raios pasaba para darlle tanta importancia a esa frase. Deume un libro aberto, e díxome:
- Ahí o tes.

Recordo perfectamente o cuadro, cunha foto de Hitler, e o inicio da lectura:
- Político alemán...

O día seguinte, cando a profesora comezou a falar sobre a figura de Hitler, entrada a explicación quedouse trabada.
- Hitler era... mmm... era... Hitler era unha persoa...- Dubidaba mentres xesticulaba pensando na definición axeitada.
- Mala?. - Dixen eu.
A profesora miroume, cun xesto de comprensión e, supoño, sendo consciente de que o concepto do ben e o mal é relativo.
- Sí, digamolo así. 

Creo que aquela semana foi a miña primeira experiencia coa subxectividade das redes. E cando coñecín o fascismo teórico. Recordo querer ler mais sobre Hitler. Pero non había nada na casa. Ainda fai uns 5 anos que leín o Mein Camp. E lendoo,  comprendín, e non me importa recoñecelo, que Hitler foi un xenio. 
Unha persoa mala?. Dende as miñas bases, sí. A nivel teórico e a nivel praxis. Sesga o concepto de colectividade por motivos xenéticos e levao ó xenocidio.

Terrible, evidentemente. Pero teño que decir que, na miña opinión, a institución, ideoloxía, movemento, secta. Chamádelle como queirades, mais categóricamente "demoníaca", no sentido popular do termo, foi a Iglesia Católica. E falo a nivel de acción xeral. Sei que houbo, e hai, católicos "bos ". Tamén houbo nazis "bos" E proba é o que choramos coas películas " La lista de Shindler " ou có "Pianista". E sí,  Stalin. E Mao. Tamén. 

Non é posible construir unha colectividade senón é dende a praxis individual. E o revés. Hai unha relación biunívoca. Creo que <é inevitable a construcción dunha colectividade humana>, basada no apoio mutuo e libre de oligarquías. Simplemente porque a natureza sigue o seu curso. E ese é o modelo mais eficiente. Demostración é o cerebro humano, sistema mais complexo de todo o universo coñecido. 

Asique: Anarquía ou extinción. 

Na adolescencia, cando tiña uns 14 anos, comencei a ler. O que tiña na casa, para ben ou para mal. Ata os 18 anos fíxeno dun xeito casi enfermizo. Dende " O Capital" de Marx, "A orixe da familia" de Engels, todas as novelas de Asimow, Máximo Gorki e unha pila de literatura con ligación soviética. Pasei toda esa adolescencia lendo. Con 16 anos leera "Los Pilares de la Tierra" simplemente porque era o libro con mais páxinas que tiña na casa. Isto recórdame con moito cariño a amizade que fixen nesa época con Iria Veder Connor. Que lle prestara ese libro. Alguén que leía, que entendía que para "Big fish " atrapados naquela pequena piscina, ler era unha forma de voar. 
Tan lonxe coma quixeras. Atopar alguén así era algo inédito, e reconfortante. Era vida.

Nesa época coñecin a Punky. Mais adiante Känno Filth. E hoxe AL Crego. Artista recoñecido que é constante vital. Foi a primeira persoa que me agasallou cun libro adicado. O mellor agasallo que me podedes facer (guiño, guiño).

Rebelión en la granja. De George Orwell. Un libro que releo todos os anos. E di así:
Algo se merecía tu insistencia en seguir cumpliendo años y no morirte. Conociendo tus ideales "politicos" creo que esto es lo mejor que te puedo ofrecer.
Sin más. Sigue insistiendo.
"No busco banderas, ni estandartes ni blasones. Tan solo defiendo la tierra que me crió."

Cando comecei na universidade, na Coruña, foi unha revelación ir ó Corte Inglés e poder mercar libros de Stephen Hawking. E outras cousas de física. Respostas.

Ahí dinme conta do meu interés pola matemática profunda, que tivo punto álxido coas clases de xeometria diferencial no ano 2011. Cun profesor que me marcou. Soamente me arrepinto de nunca terlle dito canto o quixen e o importante que foi para min naquel momento. Ainda que creo que o sabe. Leccións desa época.
É imposible facer todo ben. "Soy regular, siempre intento hacer las cosas bien, pero nunca consigo hacerlas bien del todo". El "Sueño con serpientes" de Silvio Rodríguez. 
Outra lección foi a raíz do parecido daquel profesor con John Nash, caracterizado na película "Una mente maravillosa". Decía : 
- Nash es profesor de teoría de juegos y de geometría diferencial. Yo soy profesor de geometría diferencial y de teoria de juegos".
Investiguei sobre a personalidade do Nash "real". E lein que non iba as clases porque non quería perturbar a sua creatividade. Creo que neste punto deixei de ler grandes obras. E foi a semente da miña idea actual de que unha praxis libertaria é posible sen teoría. E non so posible, creo que é algo inevitable polo que a teoría é innecesaria. Esta idea reforzouse anos despois coa miña visita a Cayos Cochinos, en Honduras. 
Algún día daquel ano, unha das persoas mais grandes que pasaron pola miña vida, dixome que era un cobarde. Que non tiña valor a ser o que son. Hoxe entendo o valor de alguén que che diga algo así de claro e directo. Creo que iso é o que mais valor ten na amizade.

Non podo deixar de falar do que eu chamo a miña época Ghandiana (2010-2014). Na que creín no poder da resistencia pasiva como forma de loita. Hoxendía quédame unha base moi forte: o pacifismo. Se hai que loitar, loitase. Pero sempre hai que gardar un espacio para a concordia. A defensa del "derecho a vivir en paz". A paz, a cooperación e potenciar o senso colectivo sempre será o último obxectivo. Ainda que  cando penso na dor de Víctor Jara, cóstame moito conter os meus sentimentos de odio. Por iso creo que deixei de ser Ghandiano e "remutei" ó guevarismo.

Sobre a acción directa, foi importante a lectura da "Revolución de todos los dias" e todo o pensamento do situacionismo francés do ano 68.

Escribo todo isto, para ter un recordo, e concatenar o meu pensamento e as miñas bases dun xeito escrito e ordeado.
Este ano,  houbo algo que fixo crack. Unha revolución mental que me fixo saltar de nivel. Levaba tempo querendo encaixar unha serie de cimentos. E cando iso pasa, de repente os muros alzanse con rapidez. E recordo algo que decía Thoreau, de que o progreso consciente era un dos maiores placeres da vida. Algo así.

Dinme conta da miña fé (sí, digo fé) no sentido de colectividade. 
Dinme conta de que ese sentido de colectividade parte de nós como individuos. 
Dinme conta de que podemos ser revolucionarios con pequenas accións directas diarias. 
Dinme conta de que sorrir, empatizar, saudar, bicar, axudar, amar. Facer iso, no mundo de hoxe,  é ser revolucionario.
Dinme conta de que esa é a única forma na que podemos ser revolucionarios. 
Dinme conta de que en canto participamos nas estructuras suxeitas a oligarquía, estamos perdidos.
Dinme conta diso, non podemos xogar e ganar a partida. Xogar é perder.
Dinme conta da existencia do tableiro, e de que hai que rompelo.
Dinme conta de que non teño nin idea de que hai despois de romper o tableiro. 
Dinme conta de que creo en Deus como propiedade emerxente da intelixencia colectiva, consciencia da colectividade.

Volto o principio. O Che Guevara.

Lein tres biografías o longo da miña vida, aparte de moitos datos, artigos, e outras. Non vou a comentar absolutamente nada. Algo puramente intuitivo sobre alguén que, con humildade, sinto como alma xémela e unha das figuras mais influintes na miña vida. Algo que sinto despois de ler este ano o "Diario de Bolivia ".

Algo que nunca leín,  nin probablemente leredes. Porque é algo que non lle interesa a ningunha das partes. E que vai ó fondo do ser humano, que era. Cos seus erros, contradiccións e incluso horrores.

Por qué se foi o Che Guevara de Cuba?

Porque se deu conta de que era anarquista. Deuse conta de que non é posible salvar a lei de ferro da oligarquía conquistando o Estado. Soamente cabe acabar co Estado. E non puido soportar como Fidel e os seus compañeiros de revolución se convertiron en oligarquía. Renunciou a ser oligarquía e foi na búsqueda de respostas. Sentido aventureiro? Igual, unha cousa non quita a outra.

Como se consigue iso, un mundo sin oligarquías, cos individuos conscientes, libres e cun sentido de colectividade? El planeta libre ou la belle bert? Non teño nin idea. Soamente creo que é algo inevitable. Curso natural. É fé? Probablemente.

En conclusión: amar ó próximo é ser revolucionario. E sempre, sempre, sempre paga a pena.

domingo, 27 de septiembre de 2020

Cantiga de amor

 

Un dos grandes da lírica trobadoresca foi o rei Dom Dinis de Portugal.
 
Chegaron a nós polo menos 7 Cantigas de amor co achago do Pergamiño Sharrer, e coa música orixinal das cantigas. É dicir, esa cantiga adxunta estámola escoitando exactamente igual que a escoitaban no s. XIII.
 
 

 

Cantigas de Santa María

 

Fai uns anos tiven unha tempada de varios meses de obsesión por descubrir a música galega.
 
E tiña un proxecto olvidado para facer un obradoiro que recórrese a historia galega a través da música.
Recupereino, teño un pequeno guión.
Seguro que hai quén me axude.
 
O primeiro creo que serían as Cantigas do medievo. Cando o galego era a lingua da música e da poesía. E ainda o sigue sendo, non?
 
Deixovos a que mais me gusta.
E agradezco opinión, e información.
 
Bicos
 
 
 
 

 
 
 
 
 

viernes, 17 de abril de 2020

Mapa de As Pontes con base Ortofoto de 2017

Mapa do Municipio dás Pontes. Vista xeral de Ortofoto de 2017 e noméclator xeográfico básico do Instituto Xeográfico Nacional.



Sobre os rasgos diferenciadores da economía galega e aplicación de políticas centralistas.

Durante esta cuarentena estase a falar moito sobre as normas que se están aplicando dun xeito homoxéneo en todo o territorio. 

Quixera non profundizar e ir directamente á reseña, soamente deixar un artigo sobre "a aplicación das políticas deseñadas para a cidade no campo", e que me fixo recordar a uns parráfos que lera no Sempre en Galiza., precisamente.

Sirva este extracto como exemplo de como esta aplicación de políticas homoxeneizadas foron lesivas para Galicia a nivel histórico, neste caso en concreto falando da economía labrega no primeiro terzo do século XX.


 ----------------------------------------------------------------------------------------

¿Ten Galiza unha vida económica propria?

A esta pergunta é doado contestar afirmativamente. Pode decirse que Galiza é un país precapitalista, poboado por traballadores que viven dun mísero xornal que eles mesmos sacan da terra ou do mar; sen industrias de abondo para absorber o escedente de poboación labrega e mariñeira; cun paro forzoso e cun déficit pecuniario constante que se resolve pacificamente por meio da emigración. En fin; Galiza ten unha vida diferenciada dentro de Hespaña, cunha morfoloxía social i económica tan peculiares que, por plantear problemas minoritarios, queda sempre ao marxe da Lei xeral do Estado e das preocupacións xeraes que a loita de clases plantea no mundo capitalista.

España, en xeral, é un país de latifundios; Galiza é de minifundios. A solución do problema da terra en Hespaña está no colectivismo; en Galiza está no cooperativismo. O país que a Hespaña lle intresa, como modelo, cicais sexa Rusia. O que lle intresa a Galiza cicais sexa Dinamarca. Velaí unha proba da diferenciación galega.

O minifundismo da nosa Terra responde ao cultivo intensivo que impón a topografía do chan. Gracias a este sistema, frenado polo noso dereito consuetudinario, a agricultura galega foi o asombro de moitos viaxeiros europeos; pero a lexislación liberal e xeneralizadora do Estado —dictada para outros lugares— provocou a pulverización dos fundos galegos e o aniquilamento da nosa economía. O crime pode imputárselle ao centralismo e ao seu Código Civil. ¿De que nos valeu facer unha revolución sanguiñenta para libertarnos do despotismo feudal? Porque se os labregos xa non son escravos do home, son escravos da terra que traballan.

O lexislador liberal da Hespaña unitaria somentes se preocupou dos problemas pavorosos do latifundismo castelán, andaluz i estremeño, e coidando que o minifundismo galego era unha garantía de orde e benestar, promulgou leis que favorecen a división da propriedade, abolindo, de paso, o noso dereito particular. Resultou que quedaron en pé os problemas que trataba de resolver, porque, en troques, derrubou a economía labrega de Galiza, que somentes podía conservarse pola indivisibilidade dos patrimonios familiares. Velaí como as disposicións contra o latifundismo crearon problemas en Galiza sen resolver os que xa eisistían alí con anterioridade, pois hoxe necesitamos unha Lei que favoreza a concentración parcelaria; é decir, unha Lei contraria á que rixe no resto da Hespaña.

Cómpre decir que os lexisladores e gobernantes da República tampouco abriron os ollos á realidade. Velaí temos, sen comprir, o artigo 47 da Constitución. Velaí temos a Lei de Reforma Agraria, absolutamente inaplicable na nosa Terra. E velaí quedaron, a sangrar, os problemas vitaes de Galiza, agravados pola lexislación única, e sen posible solución dentro do Estado centralista.

...



Sempre en Galiza, I, VI. Alfonso D. Rodríguez Castelao.














domingo, 3 de julio de 2016

Sobre Participación Social.


Con este escrito pretendo ofrecer unha pequena aproximación ó concepto de Participación Social. Non tiña pensado facelo ata dentro de varios meses e como prólogo ó estudio que estou desenvolvendo sobre dita participación na xestión dos recursos hídricos en Galicia. 

Se cadra é precipitado escribilo agora, e non será mais que un breve resumen, un pequeno marco teórico, as coordenadas nas que se movemos hoxe en día, xa que me parece que hai certa confusión, tanto nos políticos como na xente. Moito interés, aparecendo de forma habitual nos programas dos partidos políticos. 

Ofrecer Participación “está de moda” pero non vín moitas iniciativas buscando a forma real de aplicación, polo menos en Galicia. Esa é a miña percepción e debe ser patolóxico dos estudos de enxeñería, gústame partir das definicións, e teño que admitir, que resulta para min moi estimulante o estudio de algo tan complexo, tan simbólico é a vez tan útil como é o concepto de participación (social). Falarei sempre, dado que este é o meu blogue e este artigo non ten carácter científico, de participación social e non de participación cidadán, xa que está última é unha palabra que non me gusta, pero iso será motivo doutra reflexión. Cidadanía, outra palabra de moda.

Participación implica beneficio social
Según o diccionario Participación significa “tomar parte de algo”. É sinxelo mais é unha definición incompleta cando lle engadimos o apelido social, e leva en demasiadas ocasións a facer crer que o feito de levantar a man para decir o que che apeteza xa é participar, xa é participación. É un concepto incompleto e moitas veces equivocado.

Poderíamos definir a Participación Social como un proceso de aprendizaxe e desenvolvemento persoal e colectivo, que busca transformar as relacións, as respostas, as accións, etc. Dando espazo e voz a todas as persoas para que exerzan a súa responsabilidade e capacidade de influencia para xerar valor público." (Libro Blanco da Democracia e Participación Cidadán para Euskadi)



A participación é actitude. Para que sexa posible é necesaria unha actitude positiva na xente que participa, unha actitude de "escoita empática" e de respeto hacia o outro que fala e que escoita. 

Ademais, tamén se mostra que a participación é un dereito. Non teño claro que sexa unha obligación, mais sí que é un dereito que todas debemos reclamar. Este ano escoitei a moitos políticos, os que moitas veces podo decir que tiñan a vontade de corazón de ofrecer participación, decir que eles intentabano pero
que era frustante ver como a xente non lles respondía. Comprendoo, o feito de organizar unha actividade que che parece moi interesante e transformadora e que a xente quede na casa. Mais, iso non é excusa. E un deber do político ofrecer ferramentas que permitan unha participación real, efectiva e de calidade. Non ten a opción de non facelo, é un dereito que debe ser garantido, e logo, na miña opinión, a xente pode exercelo ou non.

A participación é un proceso, un proceso educativo que comeza na infancia e do que ainda queda moito por camiñar. Un proceso difícil que implica un cambio social profundo, tanto no comportamento da xente como nas formas de facer política. É require de xente que sexa coñecedora dos conceptos e de como levalos a cabo. Deixovos un artigo que me pareceu moi interesante que fala sobre esta idea.



No ano 1969, escribiuse un artigo fundamental no afondamento do concepto. Ladder of Citizen Participation de Sherry R Arnstein no que se describen os diferentes grados. A saber:

 
1. Manipulación. Unha forma ilusoria de participación, que significa a súa distorsión para convertila nun instrumento de relacións públicas das autoridades.

2. Terapia. Unha forma engañosa, na que os que administran este proceso pretendidamente participatorio conducen a formas de "terapia grupal" ás persoas participantes, polo xeral pertencentes os sectores mais desfavorecidos e marxinados da sociedade. Nese entorno permitese que as persoas se desafoguen nunha sorte de catarse das súas frustacións e intentase educalos ou curalos.

3. Información. Si ben informar á xente dos seus dereitos, responsabilidades e opcións pode ser un primeiro paso importante para unha lexítima participación, é frecuente que o proceso se reduza a iso. En tal caso establecese unha canle unidireccional pola cal flue a información das autoridades á xente, sin unha canle de réplica e suxestións, sen poder ningún de negociación.

4. Consulta. Crease un espazo para convidar os cidadáns a expresar as súas opinións pero, se non se combina con outros modos de participación, non se ofrece ningunha seguridade de que as súas preocupacións e ideas serán tidas en conta, polo que sigue sendo, según a autora, un rito superficial, de pura apariencia.

5. Conciliación. Neste nivel comezase a entregar algún nivel de influencia, mais en boa medida pervive a lóxica da participación simbólica dos cidadáns. Ocorre cando se crean comités, comisións ou consellos asesores nos que as autoridades colocan algúns escollidos de grupos sociais minoritarios ou contestatarios, ainda que non son "representantes" nin están lexitimados ante o grupo do que proceden.

6. Colaboración. Tratase dun momento no que o poder é redistribuido a partir dunha negociación entre a xente e as autoridades, as reglas que se acordan non poden ser modificadas de forma unilateral. Sin embargo, o poder da decisión final, polo menos formalmente, sigue estando nas autoridades e organos representativos. En calqueira caso, se existen organizacións sociais, que contan con recursos, e que poden contratar expertos para que os asesoren, está participación pode ser mais efectiva.

7. Poder delegado. Neste nivel, as negociacións coas autoridades levan a que a xente logre un predominio no proceso de toma de decisións sobre un programa ou plan. Deste xeito, obteñen a suficiente capacidade para garantizar que dito plan ou programa salga adiante, e decir, sexa adoptado e implementado. Se existen diferencias entre a xente e as autoridades, a resolucións negociada do problema debe ser iniciada polos últimos. Outro poder delegado consiste no traballo por separado e en paralelo de grupos de xente e os organismos da administración, pero asegurando un poder de veto a xente se existen diferencias de opinións que non podan ser resoltas nunha negociación. 

8. Control cidadán.  A este nivel, os cidadáns contan có poder ou control, así como os recursos e instrumentos de xestión, necesarios para garantir que eles, como participantes, poidan gobernar un programa ou unha institucións concreta. Están o cargo, por completo, da política e da xestión do programa ou institución, e teñen o poder de negociar as condicións nas que se fan os cambios.


 
Convidovos a reflexión, e que pensedes nalgún exemplo da vida diaria, e que tratedes de encaixalos nos diferentes niveis. Aquí vai algunha reflexión miña:

  • Como exemplo de manipulación, fai pouco vin nun libro de primaria de Coñecemento do Medio as etapas da vida. Chamoume moito á atención que a “etapa ancián” comezase os 67 anos. E por que non os 68, ou os 73? Alguén tivo oportunidade de decidir a que idade comeza esa idade? A resposta é evidente.

  • A transparencia vai ligada o nivel 3, de información. É a forma de participación punto cero, é unha obligacion e un dereito, non unha decisión. E existe un amplo marco legal que ampara a transparencia, non é unha elección.

  • As Asembleas son ferramentas que permiten acadar o último nivel, son ferramentas de autoxestión. E levan implícitas unha serie de cuestións para que sexan verdadeiros elementos democráticos. Chamáselle Asemblea a calqueira cousa, pero é unha palabra moi bonita como para ser prostituida. Debe existir unha rotación e unha clara división de poderes. Para isto invitovos a bucear na páxina do Instituto de Facilitación e Cambio.

  • A convocatoria debe facerse con tempo suficiente para facilitar os procesos participativos no deseño da Asemblea. O diseño e a preparación da Orde do Día debería ser participativo, calqueira persoa debería poder incluir puntos, xa sexa no guión principal ou en forma de Rogos. E no caso de que non sexa posible por motivos de tempo, deberían poderse sometar a votación os puntos prioritarios. Así o debería ser tamén a data e o lugar.



Sen moito mais, agardo que escribir isto teña algunha utilidade. E espero opinións de volta. Recordade, lectura empática e respeto, por outra banda.

Ata outra.