A primeira vez que oín falar de Baiuca foi no ano 2019 coa perspectiva de velo en directo na Carballeira de Zas.
Falar de Baiuca é falar do primeiro gran explorador da fusión do folclore galego coa música electrónica. Despois de varios meses escoitando a súa música, enganchoume totalmente. Antes de Baiuca non había practimamente nada machetable (como chamo eu á música electrónica para poñer en discoteca), salvo cousas soltas como o remixes de Carlos Jean no disco Hai un paraiso de Luar na Lubre, Deixaas de Mercedes Peón e cousas de algún Dj que podes atopar en YouTube.
Gracias a Baiuca hai un compendio de música galega electrónica para poñer en Pubs e salas de discotecas. Tomen boa nota donos e donas porque, dada a súa xuventude isto soamente é o principio. É a ostia vivir a evolución dun músico novo con unha proxección brutal.
En 2014, como Alex Casanova publicou o disco Antagonasia. Un estilo pop que empecei a escoitar pero non rematei.
No ano 2017 nace "Baiuca", nome artístico que representa un xenio creativo, publicou un total de 6 cancións. Un ano que parece de experimentación na que a eléctronica ten mais peso que o floclore ("Queimada, Faiado) pero que no que se atisban as intencións en cancións como "Mozas" e nos deixa unha xenial machetización da Muiñeira de Chantada (Muiñeira).
O ano 2018 vai quedar para a historia da música galega. Parece atrevido decilo pero realmente o creo así. A publicación do álbum "Solpor" supón unha revolución na música galega porque lle da sentido completo a idea do autor de desenvolver o concepto de "Folktronic". Aquí acada a madurez e deixanos por primeira vez un compendio de cancións electrónicas de moita categoria. "Morriña" é unha obra maestra da nosa cultura e nótase a pasión do autor como explica en entrevistas que se atopan en internet.
A partir de 2019 fai mais publicacións e todas molan. Ata 2020 no que publica "Adélia", con sons brasileiros. Mola ó cadrado.
Por último,
Insistir en non perderlle a pista porque estou seguro que vai dar moito que falar, e xa esta dando.
Repetir o importante que sería para a nosa cultura que soase esta música nos PUB e Discotecas.
Deixo unha lista de reproducción coas súas cancións en orde cronolóxico.
Porque iso é o importante, disfrutar da música.
Gracias a Baiuca por darlle esta frescura á música galega, por dignificala e contribuir a facela universal.
https://m.youtube.com/playlist?list=PLrCXOaFV8HFJLE3_bGINzxaopZTO27gzs