domingo, 15 de mayo de 2016

Historía do 15M en primeira persoa


Van 5 anos exactos do 15 de Maio de 2011. Decidinme a escribir isto, para ofrecer o meu testemuña sobre o 15M, na Coruña. Vaia por diante que non pretendo facer un xuízo de valor sobre aquelas accións nin as posteriores, aínda que, como é evidente, é unha historia totalmente subxectiva e baseada nos feitos e sentimentos que eu vivín.

Todo comezou arredor de abril daquel ano. Con 22 anos e en plena efervescencia das miñas inquietudes sociais. Comezaba unha etapa de “toma de conciencia” e de re-evolución do meu pensamento político. Había moitas cousas que non entendía (moitas delas aínda non as entendo) e buscaba respostas ( e aínda sigo buscando).

Recordo atopar unha iniciativa, “Plataforma 15 de Mayo –Democracia Real Ya” e sentirme atraido polas ideas “apartidistas” do seu manifesto. Por aquel entón, acababa de nacer a AsociaciónXuvenil Kontrashte polo que decidín contactar para pedir a adhesión a ese manifesto da Asociación Pontesa. 


Un 19 de abril, escribimos este email:



Ola compañeiros:

Somos unha asociación xuvenil dun pobo chamado As Pontes, en Galicia. Levamos xa tempo contrariados por como está o mundo, como a xuventude é ignorada e maltratada pola clase política e o mesmo tempo preguntándonos que accións poderiamos levar a cabo. Encantar
íanos colaborar con vos en todo o que poidamos e cremos na vosa causa.

Deix
ámosvos o noso blogue para que botedes unha ollada.
 
http://kontrashte.wordpress.com/


Moitas gracias pola vosa atención e polos vosos esforzos.

Entre todos poderemos conseguilo.





Recibimos a aceptación para á adhesión e citáronnos para unha reunión na Coruña o 11 de Maio. Alá fomos, Dani Vila mais eu, a aquela reunión, sen previa experiencia na organización deste tipo de actividades. Recordo a miña ilusión, esperaba atoparme cun debate filosófico, sobre cales son as raíces das ideas que se defenden. Mais ideas, profundizar en como se fundamenta tal acción. Non foi así, era unha reunión operativa e loxística para preparar o evento. Naquel momento sentinme algo decepcionado, hoxe comprendo que non podía ser
doutra forma, dada a proximidade do evento e sendo consciente do difícil que foi organizalo. 


Mais aínda sigo tendo ese dilema, de se é posible chegar á praxe , xa como primeiro paso para chegar o nivel teórico, senón prescindindo deste último nivel totalmente. Da teoría á praxe? Da praxe á teoría? Praxe sen teoría ou teoría sen praxe?

Nesa reunión, recordo que se propuxo unha “treboada de ideas” sobre os slogans que se ían a berrar.

Alguén dixo: “Galiza Ceive, poder popular” para, acto seguido, dicir “No, paso”.

Este feito que podería parecer anecdótico, paréceme moi significativo posto que demostra, xa na orixe do movemento, a tensión que estamos vivindo entre os diferentes actores que conforman as confluencias.


O venres, quedamos para repartir as panfletos. Lembro que ese día, Dani Vila, eu e mais outro compañeiro, íamos ver a Luar na Lubre no teatro Colón. Quedamos antes no Obelisco. Cargados cunha pila de carteis, o lema era “Todos á Rúa”. Deixámosllos e fomos ver o concerto. Camiñamos por alí, a repartilos na cola. É probable que haxa algunha persoa que este lendo isto recibise algún e que incluso aínda o conserve. Recordo falar sobre tiralos todos en plan “choiva” o
rematar o concerto, como idea tola, que evidentemente non o fixemos por simple respecto a Luar na Lubre.


O sábado funme ás Pontes facer difusión do evento e comentarllo á xente de Kontrashte. Non me debín explicar moi ben xa que non acudiu ninguén.

Chegou o Domingo, de novo Dani Vila mais eu. Camiñabamos cara ó Obelisco, lugar no que se quedaba. Dúas rapaciños de 20 e 22 anos. Eu tiña moitas dúbidas, e aínda que me coste recoñecelo, certo medo. Medo a que non houbese ninguén, medo a estar só. 

E o chegar, non dabamos crédito. Había moita xente. O resto do que pasou ese día, xa é historia. Durante a manifestación sucederon varias anécdotas. Recordo que a xente se queixaba de que os medios non prestaban atención nos días previos, pero o dar a volta pola calle Real, había un muro de fotógrafos e cámaras que aínda hoxe non sei de onde saíron. Aínda hoxe sigo intentando entender como foi posible aquel acto de "xeración espontánea. Como tanta xente se reuniu de forma simultanea en varios puntos do Estado?



Polo camiño, cruzámonos cunha familia con pequenos. Ante a consiña de "PSOE, PP a mesma merda é." O páter, berrou algo tal que así:

"El BNG no es mejor"

Alguén da onda contestou:

"Esperemos que os pequenos teñan traballo no futuro"

 
Hoxe entendo algo mellor o que alí pasou e sería interesante saber se os pequenos, entendo que xa nas medras, teñen traballo ou non. Dalgún xeito, identificábase o movemento co nacionalismo, seica a única alternativa que había por aquel entón era o BNG. Mais aquel movemento tiña pouco de nacionalista. Algúns fixeron mais adiante unha boa lectura deste concepto.

Chegamos á praza de Maria Pita, onde se leu o manifesto. O ser en castelán, alguén entre a manifestación berrou: “Na Galiza en galego!”. Outra mais das anécdotas, que identifican a causa subxacente das tensións de hoxe en día: dentro do movemento hai persoas que non son nacionalistas e que non priorizan causas como o idioma, e outras que sí. E non pretendo xuzgar, pero é un feito constatado. Isto é unha simple descripción. 



Leuse o manifesto, despedímonos e puido parecer que rematara aí o conto. Pero non...

Días despois, unha compañeira, a cal, mais alá da posible diferencia de ideas, sigo respectandoa moito aínda que xa perdín o contacto, chamoume para participar nunha acampada, eu ó principio non entendía nada e borreime simplemente porque estaba en plena época de exames. Sí, a revolución faise lendo e estudando. Fun consciente do que estaba pasando ó ver na tele todas as persoas nas prazas, as acampadas e pensar: “Mimá, a que se liou”


Antes de visitar á acampada da Coruña e cando o movemento xa era histórico, alguén me dixo: Quedaches con DRY e non avisaches?. Impotencia e tristeza. Eu difundino o mellor que puiden, tratei de que viñese moita xente, é mais, necesitaba que outra xente viñese. Hoxe vexo isto como unha lección, do fácil que é unirse a unha gran marea, de ser ovella, ou de ser pastor cando xa están alindadas as ovellas, e do difícil que é comezala.

O último feito significativo que vou relatar sobre ese movemento. Ocorreu na miña primeira e única visita á acampada da Coruña. Cando cheguei alí, pensei:

 "Manda carallo, como se chegou a mobilizar a xente?. Cales foron as bases para que se conseguise isto?"

Había unha biblioteca, collín un libro e funme sentar os bancos que había alí. Foi nese instante cando lín algo así:

 “Terán prioridade nos asentos as persoas das comisións” 

Non daba creto, Comisión? Prioridade nun banco público? Naquel momento sentín desacougo e de novo impotencia. E recordei o libro “Rebelión na Granxa” e a frase de Napoleón:

Hai dous tipos de persoas, as que fan a revolución e as que se aproveitan dela” 

Ou na miña propia versión galega:

"Os que alindan as vacas e os que lles beben ó leite"
 
Supoño que isto que estou decindo non lle gustará a moita xente, se cadra o están lendo persoas que conformaban as Comisións e incluso a persoa que escribiu aquel cartel. Se cadra as persoas das Comisión formaban parte do movemento dente o comezo, eu non coñecía a todo o mundo... Iso non é excusa!


Hoxe, cinco anos despois, boto a vista atrás e tomo consciencia da miña evolución. Miro o redor, os movementos que naceron aquel día e non fago mais que preguntarme para que serviu. Foi como o primeiro soplo de vento que hoxe deu lugar o que chaman unha gran marea. Non sei se é casualidade que hoxe haxa Asemblea. Non fun. Igual alguén me pode dicir se os asentos seguen estando reservados para á xente das Comisións.

Oxala que nos deixemos de tensións e de caralladas e a humanidade consiga acadar un equilibrio sostible coa Terra.