domingo, 3 de julio de 2016

Sobre Participación Social.


Con este escrito pretendo ofrecer unha pequena aproximación ó concepto de Participación Social. Non tiña pensado facelo ata dentro de varios meses e como prólogo ó estudio que estou desenvolvendo sobre dita participación na xestión dos recursos hídricos en Galicia. 

Se cadra é precipitado escribilo agora, e non será mais que un breve resumen, un pequeno marco teórico, as coordenadas nas que se movemos hoxe en día, xa que me parece que hai certa confusión, tanto nos políticos como na xente. Moito interés, aparecendo de forma habitual nos programas dos partidos políticos. 

Ofrecer Participación “está de moda” pero non vín moitas iniciativas buscando a forma real de aplicación, polo menos en Galicia. Esa é a miña percepción e debe ser patolóxico dos estudos de enxeñería, gústame partir das definicións, e teño que admitir, que resulta para min moi estimulante o estudio de algo tan complexo, tan simbólico é a vez tan útil como é o concepto de participación (social). Falarei sempre, dado que este é o meu blogue e este artigo non ten carácter científico, de participación social e non de participación cidadán, xa que está última é unha palabra que non me gusta, pero iso será motivo doutra reflexión. Cidadanía, outra palabra de moda.

Participación implica beneficio social
Según o diccionario Participación significa “tomar parte de algo”. É sinxelo mais é unha definición incompleta cando lle engadimos o apelido social, e leva en demasiadas ocasións a facer crer que o feito de levantar a man para decir o que che apeteza xa é participar, xa é participación. É un concepto incompleto e moitas veces equivocado.

Poderíamos definir a Participación Social como un proceso de aprendizaxe e desenvolvemento persoal e colectivo, que busca transformar as relacións, as respostas, as accións, etc. Dando espazo e voz a todas as persoas para que exerzan a súa responsabilidade e capacidade de influencia para xerar valor público." (Libro Blanco da Democracia e Participación Cidadán para Euskadi)



A participación é actitude. Para que sexa posible é necesaria unha actitude positiva na xente que participa, unha actitude de "escoita empática" e de respeto hacia o outro que fala e que escoita. 

Ademais, tamén se mostra que a participación é un dereito. Non teño claro que sexa unha obligación, mais sí que é un dereito que todas debemos reclamar. Este ano escoitei a moitos políticos, os que moitas veces podo decir que tiñan a vontade de corazón de ofrecer participación, decir que eles intentabano pero
que era frustante ver como a xente non lles respondía. Comprendoo, o feito de organizar unha actividade que che parece moi interesante e transformadora e que a xente quede na casa. Mais, iso non é excusa. E un deber do político ofrecer ferramentas que permitan unha participación real, efectiva e de calidade. Non ten a opción de non facelo, é un dereito que debe ser garantido, e logo, na miña opinión, a xente pode exercelo ou non.

A participación é un proceso, un proceso educativo que comeza na infancia e do que ainda queda moito por camiñar. Un proceso difícil que implica un cambio social profundo, tanto no comportamento da xente como nas formas de facer política. É require de xente que sexa coñecedora dos conceptos e de como levalos a cabo. Deixovos un artigo que me pareceu moi interesante que fala sobre esta idea.



No ano 1969, escribiuse un artigo fundamental no afondamento do concepto. Ladder of Citizen Participation de Sherry R Arnstein no que se describen os diferentes grados. A saber:

 
1. Manipulación. Unha forma ilusoria de participación, que significa a súa distorsión para convertila nun instrumento de relacións públicas das autoridades.

2. Terapia. Unha forma engañosa, na que os que administran este proceso pretendidamente participatorio conducen a formas de "terapia grupal" ás persoas participantes, polo xeral pertencentes os sectores mais desfavorecidos e marxinados da sociedade. Nese entorno permitese que as persoas se desafoguen nunha sorte de catarse das súas frustacións e intentase educalos ou curalos.

3. Información. Si ben informar á xente dos seus dereitos, responsabilidades e opcións pode ser un primeiro paso importante para unha lexítima participación, é frecuente que o proceso se reduza a iso. En tal caso establecese unha canle unidireccional pola cal flue a información das autoridades á xente, sin unha canle de réplica e suxestións, sen poder ningún de negociación.

4. Consulta. Crease un espazo para convidar os cidadáns a expresar as súas opinións pero, se non se combina con outros modos de participación, non se ofrece ningunha seguridade de que as súas preocupacións e ideas serán tidas en conta, polo que sigue sendo, según a autora, un rito superficial, de pura apariencia.

5. Conciliación. Neste nivel comezase a entregar algún nivel de influencia, mais en boa medida pervive a lóxica da participación simbólica dos cidadáns. Ocorre cando se crean comités, comisións ou consellos asesores nos que as autoridades colocan algúns escollidos de grupos sociais minoritarios ou contestatarios, ainda que non son "representantes" nin están lexitimados ante o grupo do que proceden.

6. Colaboración. Tratase dun momento no que o poder é redistribuido a partir dunha negociación entre a xente e as autoridades, as reglas que se acordan non poden ser modificadas de forma unilateral. Sin embargo, o poder da decisión final, polo menos formalmente, sigue estando nas autoridades e organos representativos. En calqueira caso, se existen organizacións sociais, que contan con recursos, e que poden contratar expertos para que os asesoren, está participación pode ser mais efectiva.

7. Poder delegado. Neste nivel, as negociacións coas autoridades levan a que a xente logre un predominio no proceso de toma de decisións sobre un programa ou plan. Deste xeito, obteñen a suficiente capacidade para garantizar que dito plan ou programa salga adiante, e decir, sexa adoptado e implementado. Se existen diferencias entre a xente e as autoridades, a resolucións negociada do problema debe ser iniciada polos últimos. Outro poder delegado consiste no traballo por separado e en paralelo de grupos de xente e os organismos da administración, pero asegurando un poder de veto a xente se existen diferencias de opinións que non podan ser resoltas nunha negociación. 

8. Control cidadán.  A este nivel, os cidadáns contan có poder ou control, así como os recursos e instrumentos de xestión, necesarios para garantir que eles, como participantes, poidan gobernar un programa ou unha institucións concreta. Están o cargo, por completo, da política e da xestión do programa ou institución, e teñen o poder de negociar as condicións nas que se fan os cambios.


 
Convidovos a reflexión, e que pensedes nalgún exemplo da vida diaria, e que tratedes de encaixalos nos diferentes niveis. Aquí vai algunha reflexión miña:

  • Como exemplo de manipulación, fai pouco vin nun libro de primaria de Coñecemento do Medio as etapas da vida. Chamoume moito á atención que a “etapa ancián” comezase os 67 anos. E por que non os 68, ou os 73? Alguén tivo oportunidade de decidir a que idade comeza esa idade? A resposta é evidente.

  • A transparencia vai ligada o nivel 3, de información. É a forma de participación punto cero, é unha obligacion e un dereito, non unha decisión. E existe un amplo marco legal que ampara a transparencia, non é unha elección.

  • As Asembleas son ferramentas que permiten acadar o último nivel, son ferramentas de autoxestión. E levan implícitas unha serie de cuestións para que sexan verdadeiros elementos democráticos. Chamáselle Asemblea a calqueira cousa, pero é unha palabra moi bonita como para ser prostituida. Debe existir unha rotación e unha clara división de poderes. Para isto invitovos a bucear na páxina do Instituto de Facilitación e Cambio.

  • A convocatoria debe facerse con tempo suficiente para facilitar os procesos participativos no deseño da Asemblea. O diseño e a preparación da Orde do Día debería ser participativo, calqueira persoa debería poder incluir puntos, xa sexa no guión principal ou en forma de Rogos. E no caso de que non sexa posible por motivos de tempo, deberían poderse sometar a votación os puntos prioritarios. Así o debería ser tamén a data e o lugar.



Sen moito mais, agardo que escribir isto teña algunha utilidade. E espero opinións de volta. Recordade, lectura empática e respeto, por outra banda.

Ata outra.











domingo, 15 de mayo de 2016

Historía do 15M en primeira persoa


Van 5 anos exactos do 15 de Maio de 2011. Decidinme a escribir isto, para ofrecer o meu testemuña sobre o 15M, na Coruña. Vaia por diante que non pretendo facer un xuízo de valor sobre aquelas accións nin as posteriores, aínda que, como é evidente, é unha historia totalmente subxectiva e baseada nos feitos e sentimentos que eu vivín.

Todo comezou arredor de abril daquel ano. Con 22 anos e en plena efervescencia das miñas inquietudes sociais. Comezaba unha etapa de “toma de conciencia” e de re-evolución do meu pensamento político. Había moitas cousas que non entendía (moitas delas aínda non as entendo) e buscaba respostas ( e aínda sigo buscando).

Recordo atopar unha iniciativa, “Plataforma 15 de Mayo –Democracia Real Ya” e sentirme atraido polas ideas “apartidistas” do seu manifesto. Por aquel entón, acababa de nacer a AsociaciónXuvenil Kontrashte polo que decidín contactar para pedir a adhesión a ese manifesto da Asociación Pontesa. 


Un 19 de abril, escribimos este email:



Ola compañeiros:

Somos unha asociación xuvenil dun pobo chamado As Pontes, en Galicia. Levamos xa tempo contrariados por como está o mundo, como a xuventude é ignorada e maltratada pola clase política e o mesmo tempo preguntándonos que accións poderiamos levar a cabo. Encantar
íanos colaborar con vos en todo o que poidamos e cremos na vosa causa.

Deix
ámosvos o noso blogue para que botedes unha ollada.
 
http://kontrashte.wordpress.com/


Moitas gracias pola vosa atención e polos vosos esforzos.

Entre todos poderemos conseguilo.





Recibimos a aceptación para á adhesión e citáronnos para unha reunión na Coruña o 11 de Maio. Alá fomos, Dani Vila mais eu, a aquela reunión, sen previa experiencia na organización deste tipo de actividades. Recordo a miña ilusión, esperaba atoparme cun debate filosófico, sobre cales son as raíces das ideas que se defenden. Mais ideas, profundizar en como se fundamenta tal acción. Non foi así, era unha reunión operativa e loxística para preparar o evento. Naquel momento sentinme algo decepcionado, hoxe comprendo que non podía ser
doutra forma, dada a proximidade do evento e sendo consciente do difícil que foi organizalo. 


Mais aínda sigo tendo ese dilema, de se é posible chegar á praxe , xa como primeiro paso para chegar o nivel teórico, senón prescindindo deste último nivel totalmente. Da teoría á praxe? Da praxe á teoría? Praxe sen teoría ou teoría sen praxe?

Nesa reunión, recordo que se propuxo unha “treboada de ideas” sobre os slogans que se ían a berrar.

Alguén dixo: “Galiza Ceive, poder popular” para, acto seguido, dicir “No, paso”.

Este feito que podería parecer anecdótico, paréceme moi significativo posto que demostra, xa na orixe do movemento, a tensión que estamos vivindo entre os diferentes actores que conforman as confluencias.


O venres, quedamos para repartir as panfletos. Lembro que ese día, Dani Vila, eu e mais outro compañeiro, íamos ver a Luar na Lubre no teatro Colón. Quedamos antes no Obelisco. Cargados cunha pila de carteis, o lema era “Todos á Rúa”. Deixámosllos e fomos ver o concerto. Camiñamos por alí, a repartilos na cola. É probable que haxa algunha persoa que este lendo isto recibise algún e que incluso aínda o conserve. Recordo falar sobre tiralos todos en plan “choiva” o
rematar o concerto, como idea tola, que evidentemente non o fixemos por simple respecto a Luar na Lubre.


O sábado funme ás Pontes facer difusión do evento e comentarllo á xente de Kontrashte. Non me debín explicar moi ben xa que non acudiu ninguén.

Chegou o Domingo, de novo Dani Vila mais eu. Camiñabamos cara ó Obelisco, lugar no que se quedaba. Dúas rapaciños de 20 e 22 anos. Eu tiña moitas dúbidas, e aínda que me coste recoñecelo, certo medo. Medo a que non houbese ninguén, medo a estar só. 

E o chegar, non dabamos crédito. Había moita xente. O resto do que pasou ese día, xa é historia. Durante a manifestación sucederon varias anécdotas. Recordo que a xente se queixaba de que os medios non prestaban atención nos días previos, pero o dar a volta pola calle Real, había un muro de fotógrafos e cámaras que aínda hoxe non sei de onde saíron. Aínda hoxe sigo intentando entender como foi posible aquel acto de "xeración espontánea. Como tanta xente se reuniu de forma simultanea en varios puntos do Estado?



Polo camiño, cruzámonos cunha familia con pequenos. Ante a consiña de "PSOE, PP a mesma merda é." O páter, berrou algo tal que así:

"El BNG no es mejor"

Alguén da onda contestou:

"Esperemos que os pequenos teñan traballo no futuro"

 
Hoxe entendo algo mellor o que alí pasou e sería interesante saber se os pequenos, entendo que xa nas medras, teñen traballo ou non. Dalgún xeito, identificábase o movemento co nacionalismo, seica a única alternativa que había por aquel entón era o BNG. Mais aquel movemento tiña pouco de nacionalista. Algúns fixeron mais adiante unha boa lectura deste concepto.

Chegamos á praza de Maria Pita, onde se leu o manifesto. O ser en castelán, alguén entre a manifestación berrou: “Na Galiza en galego!”. Outra mais das anécdotas, que identifican a causa subxacente das tensións de hoxe en día: dentro do movemento hai persoas que non son nacionalistas e que non priorizan causas como o idioma, e outras que sí. E non pretendo xuzgar, pero é un feito constatado. Isto é unha simple descripción. 



Leuse o manifesto, despedímonos e puido parecer que rematara aí o conto. Pero non...

Días despois, unha compañeira, a cal, mais alá da posible diferencia de ideas, sigo respectandoa moito aínda que xa perdín o contacto, chamoume para participar nunha acampada, eu ó principio non entendía nada e borreime simplemente porque estaba en plena época de exames. Sí, a revolución faise lendo e estudando. Fun consciente do que estaba pasando ó ver na tele todas as persoas nas prazas, as acampadas e pensar: “Mimá, a que se liou”


Antes de visitar á acampada da Coruña e cando o movemento xa era histórico, alguén me dixo: Quedaches con DRY e non avisaches?. Impotencia e tristeza. Eu difundino o mellor que puiden, tratei de que viñese moita xente, é mais, necesitaba que outra xente viñese. Hoxe vexo isto como unha lección, do fácil que é unirse a unha gran marea, de ser ovella, ou de ser pastor cando xa están alindadas as ovellas, e do difícil que é comezala.

O último feito significativo que vou relatar sobre ese movemento. Ocorreu na miña primeira e única visita á acampada da Coruña. Cando cheguei alí, pensei:

 "Manda carallo, como se chegou a mobilizar a xente?. Cales foron as bases para que se conseguise isto?"

Había unha biblioteca, collín un libro e funme sentar os bancos que había alí. Foi nese instante cando lín algo así:

 “Terán prioridade nos asentos as persoas das comisións” 

Non daba creto, Comisión? Prioridade nun banco público? Naquel momento sentín desacougo e de novo impotencia. E recordei o libro “Rebelión na Granxa” e a frase de Napoleón:

Hai dous tipos de persoas, as que fan a revolución e as que se aproveitan dela” 

Ou na miña propia versión galega:

"Os que alindan as vacas e os que lles beben ó leite"
 
Supoño que isto que estou decindo non lle gustará a moita xente, se cadra o están lendo persoas que conformaban as Comisións e incluso a persoa que escribiu aquel cartel. Se cadra as persoas das Comisión formaban parte do movemento dente o comezo, eu non coñecía a todo o mundo... Iso non é excusa!


Hoxe, cinco anos despois, boto a vista atrás e tomo consciencia da miña evolución. Miro o redor, os movementos que naceron aquel día e non fago mais que preguntarme para que serviu. Foi como o primeiro soplo de vento que hoxe deu lugar o que chaman unha gran marea. Non sei se é casualidade que hoxe haxa Asemblea. Non fun. Igual alguén me pode dicir se os asentos seguen estando reservados para á xente das Comisións.

Oxala que nos deixemos de tensións e de caralladas e a humanidade consiga acadar un equilibrio sostible coa Terra.